GRUPO DE CRIANZA

O grupo de crianza está en marcha grazas ao apoio do Concello de Carballo (Centro de Información á Muller).  Entendemos este grupo como unha oportunidade para mamás, papás e cativos de 4 meses a 6 anos, de atoparnos quincenalmente e compartir experienzas.

É un grupo onde os miúdos van poder compartir e xogar, e nós, as familias, imos poder conversar sobre as dubidas que teñamos. Pensamos que os temas a ir tratando poden ser:
  • A crianza en xeral.
  • O sono.
  • Alimentación complementaria.
  • Necesidades emocionais.
  • Perrenchas e primeiras demostracións de caracter.
  • Relación con iguais.
  • Relación entre irmans.
  • .........
É todo aquilo que as familias plantexen.

Non se pretende aleccionar a ninguén, xa que partimos da base que os que realmente sabemos o que os nosos fillos necesitan son cada un de nós, cada familia. O que pretendemos e compartir para atopar solucions conxuntas neses momentos que non sabemos moi ben que camino seguir.

Este grupo que xa está en funcionamento dende outubre e que vai ata xuño está cheo, sorprendiunos tamén a nós, e ao Concello a boa resposta das familias de Carballo, e agora mesmo temos enchendo a lista de espera para o seguinte. Animámosvos a apuntarvos na lista e a vir no próximo grupo.


 Á beira dos miúdos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario